8.11.08

Anxo da auga

E vejo erguer-se o rio cristalino,
Transfigurado em sonho, em nevoeiro,
E faz-se eterno espírito divino
Aquele corpo de água prisioneiro.

Ó láctea emanação! Ó névoa densa!
Ó água aberta em asa! Ó água escura!
Água dos fundos pégos no ar suspensa.
Vestida como um Anjo, de brancura.
Teixeira de Pascoaes


Este poema me vai servir para esclarecer alguns termos do meu uso que teñen levado e/ou poden levar a unha falla de entendemento.

O Teixeixa di que o río se trasfigura en nevoeiro. facéndose eterno espírito divino, livre así da prisión.
Ao nevoeiro é ao que eu chamo alma, sendo que está completamente ligada ao río/corpo: sen este río/corpo non podería existir a alma. O que eu chamo espírito é o que daría a forma a ese nevoeiro: convertíndoo por exemplo en Anxo.

De modo que o Anxo-nevoeiro non é únicamente corpo nen tampouco, como dí o poema, eterno espírito divino. O espírito eterno, só se pode manifestar na alma (como anxo) mas a súa existencia transcende a súa manifestación e non pode ser nada alén dunha hipótese, excepto para os crentes. O que son eternas son as formas de cristalizar o cristal mas non o cristal mesmo. Por tanto, a eterna crianza, é unha maneira de cristalizar o divino (ou arquetipo) na alma humana.


Non é que o corpo/río se faga eterno espírito divino, senón que pode imaxinar, soñar, ese espírito divino. O órgao que soña e imaxina é precisamente a alma; e toda creación nos ven, do matrimonio entre o corpo e o espírito que acontece na alma humana.

A importancia do amor humano radica en que nos deve preparar para celebrar esas vodas na alma.

P.S.
A mater-ia é criadora pola súa disposición a recever o espírito, pois sen él sería amorfa. Así como o espírito sen a mater-ia sería completamente estéril.

Desde esta perspectiva, a terra enteira non pode dar a luz ao ceu.
O sinto Teixeira. O sinto Anita.

Beixos para ámbos.

¡O máis importante, ao cabo, é a capacidade de soñar o anxo!

5 comentários:

Anita Silva disse...

Como tens em teu blogue... o que dizemos é metafórico... conjecturas... e de acordo com o que aprendemos até este momento.

"Non é que o corpo/río se faga eterno espírito divino, senón que pode imaxinar, soñar, ese espírito divino."

É o que se tem visto a acontecer, será o que no Amanhã continuará a acontecer?

"A mater-ia é criadora pola súa disposición a recever o espírito, pois sen él sería amorfa. Así como o espírito sen a mater-ia sería completamente estéril.
Desde esta perspectiva, a terra enteira non pode dar a luz ao ceu."

Para mim, continuas a separar o impossível. O Corpo do Espírito.
Para mim, a Alma é A (única) Realidade, porque os faz ser Um.

Beijo!*

Anita Silva disse...

Será a terra a dar à luz o céu (para mim, claro), porque só ela cria a Vida... essa Vida que há muito se vem desenvolvendo... até à perfeita conjunção.

Anita Silva disse...

Já agora, citando mais uma vez o Pascoaes:

"Acreditai até no que não há...
E esse impossível, esse nada, existirá!"
Texeira de Pascoaes

(O meu comentário - Pois também nós, que agora existimos, fomos esse nada)

Anita Silva disse...

Vá e...

"A mater-ia é criadora pola súa disposición a recever o espírito, pois sen él sería amorfa."

A matéria sem o Espírito não seria amorfa, simplesmente não seria.

Anita Silva disse...

essa foto é literalmente: Original.