13.11.08

Conselheiro

Coñecín a Batatinha por unhas gravacións feitas por un amigo meu, dun programa da radio. Fiquei emocionado ao escoitalo. Cando estiven no Brasil pasei muito tempo para conseguer o seu travallo póstumo. Alá cuase ninguén coñece, mas ao final achei.

Quero compartillar este tema lindísimo de Batatinha por se algún de vós ainda non escoitou: é pura saudade.

Batatinha foi reporteiro gráfico dun xornal en Salvador da Bahía. Gostaba de reunirse con amigos en locais onde interpretava as súas composicións. Algúns temas do seu derradeiro disco, Diplomacia, puderon ser interpretados polo proprio Batatinha, coa voz desfalecida do que se morre. Outros temas foron interpretados por sonados artistas do Brasil, que prestaron a súa voz ás composicións de Batatinha, que tiña morto sen rematar o disco. Difícil encontrar un home tan humilde, sensible e de sentimentos tan profundos. É puro "feeling".

Obrigado Batatinha.
Ficarás na nosa memoria como home bon e xeneroso.

Queridos amigos, apreséntovos a un conselleiro do Rei da nosa Ilha da Vera Luz.

2 comentários:

Anita Silva disse...

Que conselheiro especialíssimo!
:)
Se é para ouvir seu canto-conselho, certamente o Reinado Coração agradece ao sofrimento.

Com Amor.

Corpos que Soñan disse...

Así é: viver con corazón e viver aceitando o sofrimento.

Senti ese amor e mándoo tamén.
Beixos.