17.11.08

Non falo

I.

Attis. Adonis, Osiris, Dionisos, Cristo, ... deuses que morren e renascen. Ligados, cuase todos ao mundo vexetal que se renova anualmente. Ligados á mae. Deuses que morren mozos, eternamente nenos divinos.

II.

Bob Dylan, forever young, trouxo a renovación á música e ao pensamento nos anos 60. Xa no século XXI, a súa poesía expresa o sofrimento do Puer Aeternus.

No seu último traballo, Modern Times, oferécenos un tema, Ain't Talking, que non deixa indiferente. Se procurades pola net, veredes cántos hermenéutas, cuase todos cristiáns, se atreven a tentar descifralo. Non é fácil, como comprovaredes.

III.

Elixo para escoitalo, un vídeo de youtube por que trae tradución ao español, mas tamén porque o liga a imaxes da paixón de Cristo, se ben o tema, vai alén de tal interpretación.

Este verao asistín ao concerto de Dylan en Vigo. Todo o concerto foi bon, mas ao chegar a esta canción, arrepieime e entrei en meio trance (ou trance enteiro): ollava para o poeta como se fora un profeta subido ao cenario.

¡Espero que gostedes!

4 comentários:

Iolanda Aldrei disse...

Como acho tanto bem no meu caminho? Tanta água na sede, tanta luz na ferida?

Anita Silva disse...

Al final, todos juntos somos Cristo, esperando por el 3.º dia... o la 3.ª Edad del Mundo: el Dia de la Gloria.

Essa música entranha-se mesmo... Porque será?

Beiso.

Corpos que Soñan disse...

Iolanda,
Por que tes a fortuna dos deuses do teu lado!! Qué continúe así!!
Beixo

Corpos que Soñan disse...

Anita,
Eu teño a mesma sensación que tí. Penso que é misteriosa mas toca aí no centro.
Beixo