2.11.08

xoven dos mil veraos

I.

É muito difícil manter unha xeira de mensaxes proprias de cualidade como pede o Valdemar. Mas tamén concordo en que ameaza a dispersión das mensaxes. Nunca sabemos aonde nos podería levar esa dispersión: quizáis a encontrar un fío do que tiramos todos, ou non. Se for o primeiro caso sería estupendo.
A condición sería que xiraran arredor dunhas preguntas ou preocupacións compartidas.

II.

Para Anita o tema "eterna crianza" semella ser un motivo de afirmación: así intitula o seu blogue. Para min é un motivo de meditación e procura. ¿qué facemos co neno divino que palpita en nós (en aqueles que palpita)?

Sí, é unha fonte de criatividade. Mas ten máis cousas. Por exemplo, é un factor de inadaptación e sofrimento, entre outros. Como afirma Hölderlin, ven ao mundo para reavivar as murchas vidas dos homes, mas ¿é inevitable o destiño tráxico dos portadores do neno divino, como testemuñan muitas das biografías dos mesmos? ¿é posible eludirse desa condición? ¿cómo podemos lidar co neno divino para que cumpra a súa misión sen que sufra escarnio a nosa humanidade? ¿Cómo podemos exercer a nosa humanidade sen perdermos a divina inspiración do neno divino?

III.

As preguntas lanzadas son difícilmente respondibles. Requírese unha fonda e prolongada meditación, un bon planteo do problema e a sua compreensión, non só intelectual mas corporal ou anímica.

Por esa razón, iniciei onte a xeira "puer aeternus" co tema de Dylan "forever young". Hoxe tócalle o turno a outro.




youth of 1000 summers
Van Morrison

Él é o xoven dun milleiro de veraos
Él é o xoven dun milleiro de veraos
Como un doce paxaro de xuventude
Como un doce paxaro de xuventude
Na miña alma, na miña alma, na miña alma, na miña alma
Na miña alma, na miña alma, na miña alma, na miña alma

E semella tan radiante
E brila coma un sol
E semella tan radiante
E alumea todo o mundo

Refrán

É o rei da montaña
E da fonte clara e cristalina.
Él é o santo do rio.
É o antergo de tempos inmemoriais.

Refrán

Él fai que vaias brincando
Él fai que vaias danzando
Él faiche entrar no ritmo
Él móveche na cantiga

Refrán

12 comentários:

Anita Silva disse...

Em verdade, é um gosto ver que há preocupação no que é publicado no blogue... apesar de a minha base ser o Caos, aqui pode ser que ele deva ganhar outra forma...

Abraços aos Dois.
Vejamos o que a nova maré aí traz.

Corpos que Soñan disse...

Eu non acho problema no caos, se éste nos leva ao sentido. Como tampouco acho problema no control, se axuda a non perdelo sentido.

A maré é sabia

Anita Silva disse...

:) Pues... o sentido... o que é ter sentido, e como se chega a ele... eis um tema muito vasto. Tudo afinal é um mesmo, mesmo a falta de sentido é o próprio sentido que se ausenta... aí prefiro não querer controlar... ou deixo que o descontrolo me controle, mas posso abdicar disso, se assim ele mesmo, o Caos do Amor, mo pedir.

Anita Silva disse...

... ou assim que o Caos, que é esta vida, me peça para renegá-lo...

Anita Silva disse...

Será que há aqui -no que escrevi- algum sentido? Hmmm...

Anita Silva disse...

(a falta de sentido é o próprio sentido que se ausenta... de si - talvez regressando ao que afinal realmente é...)

Iolanda Aldrei disse...

... E este caos?

Anita Silva disse...

Iolanda,
se era para mim a pergunta não percebi... :p

Iolanda Aldrei disse...

Em absoluto, Anita. A pergunta era para o autor dos corpos. Caos libertário que chama a ler e atender. beijos

Anita Silva disse...

Essa fez-me lembrar outra coisa...

costuma-se dizer agora que tudo é relativo. E eu na minha cabeça grito: raios! Mas como se pode pôr tudo no mesmo saco?? Há algo que só pode ser absoluto...

L'Amour - pois então.

Anita Silva disse...

Beixoca!

Iolanda Aldrei disse...

O amor... pois sim...
e amar é puramente amar
... mas dá para muitos poemas ainda.

Beijos