23.11.08

mundo, amor e alma

Cando o mundo e as súas leis acavan tomando a alma, os casais se esquecen do impulso que os xuntou e convirten o convivio nun exercicio de supervivencia.

As decisións se toman atendendo exclusivamente ao destiño mundano. Os egos se fan co comando da situación para sofrimento da alma e o amor se revela secundario e mesmo inconveniente para poder manter o tipo.

Os egos son bons facendo iso: saben qué é mellor para acadar isto, para evitar aquilo; mas non son capaces de comprender o carácter destrutivo desa actitude. O mundo onde uns andan a foder aos outros acava formando parte dos mecanismos máis preciados de supervivencia: ou tí ou eu.

E se abandona en previsión de mellores tempos e lugares, en prevención de males maiores. Se abandona por que antes xa se tiña abandonado a alma que unía. Se abandona incluso antes de que pase nada, no mundo.

5 comentários:

Unknown disse...

Ontem estive a ver parte de um filme de Manoel de Oliveira, "Princípio da Incerteza", e dele, entre outras coisas, ficou simplesmente:
"O Amor é um vagabundo"

Portanto, não é ser vagabundo que interessa (p'ra mí), é ser vagabundo por um motivo que o valha.
Esse mesmo errante...

Paulo Feitais disse...

E como seria o (nosso) mundo se o Amor tivesse sempre a primazia?
Não sei...
Mas nascemos para a Amar, ou seja, para nos rasgarmos e para sermos mais e mais e mais...
Mas somos sempre menos, porque nos entregamos ao que nos torna pequenos...

Abraço!

:)

Corpos que Sonham disse...

Anita,
O amor é vagabundo en procura da terra prometida; esa terra onde xa non sería preciso vagar máis.

Por iso a sensación de fracaso cando o perdemos.
Beixos

Corpos que Sonham disse...

Paulo,
Sí, o amor é a medida de todo. Somos máis ou menos en función de como nos vaia no amor.

Abrazo

Iolanda Aldrei disse...

A terra prometida é um caminho de fazer com gosto e de continuar quando se chegou... o amor. O segredo seria sempre caminhar.
Beijo
Iolanda