7.11.08

Negra Sombra

Sombra que não há sol capaz de a desfazer
Ou astro que não faz, nascendo, a luz do dia...
Desgosto que não muda em dor algum prazer
Ou prazer que não muda a dor em alegria,
Eis a Saudade... a luz eterna que ilumina
O mar da nossa mágoa...

A mágoa non se pode eliminar polo sol do consciente, tan só se pode iluminar pola sentimento da saudade. Mas nestes versos, Teixeira de Pascoais non parece enxergar a posibilidade da redención. Veremos no resto do poema cál é a súa visión redentora.

Máis crú ainda é o poema de Rosalía de Castro para quen a negra sombra é un fado imposible de superar.




Compre agora preguntarse ¿de onde é que nos ven esta mágoa, esta negra sombra?

Ó Vénus da Aflição e dos Amores,
Ó Vénus da Tristeza e da Alegria!
..................................................
És o Estigma da Raça, seu perfeito
E límpido Sinal de Santidade...

Nestes versos, comprovamos como Teixeira de Pasoais identifica o estigma da raza con Venus e María.

¿Qué teñen estas deusas en común? e sobre todo ¿o por qué da súa aflición?

A aflicción de Venus (Afrodita) comparable á de María, non deve ser outra que aquela propiciada pola morte do seu amante Adonis (mito de Afrodita e Adonis).


Morte de Adonis. Matin de Vos - 1600.

Fundamentado nese mito, celebrávanse en Atenas as festas das Adonias, que duravan dous días e eran exclusivas das mulleres.

O primeiro día era de loito comunitario en Atenas. As mulleres saían á rúa con figuras de Adonis cadáver. Celebravan un funeral no que se batían a sí mesmas e se lamentava berrando, imitando así a aflición de Afrodita.

O segundo día se celebravan xogos e banquetes, en conmemoración da volta de Adonis do inframundo e a súa reunión con Afrodita.

Durante as Adonias as mulleres plantavan os xardíns de Adonis. Utilizavan plantas de rápido crecimento pero que morrían cedo polas escasas raíces. Cando se murchavan as plantas, botavan o xardín ao río, xunto coa imaxe de Adonis morto.

O estigma da raza portuguesa é a aflición de Afrodita-Venus e María (a dolorosa) pola morte de Adonis e Cristo. E a renascenza virá da mao da saudade:

Ó Saudade! Ó Saudade! Ó Virgem Mãe,
Que sobre a terra santa portuguesa,
Conceberás, isenta de pecado,
O Cristo da Esperança e da Beleza!

Temos por tanto que detrás da negra sombra está a morte do puer aeternus, e que a redención é imaxinada como vinda da resurección do puer aeternus. Supoño, pois me movo inseguro por istes desenvolvimentos da cultura portuguesa, que iste puer será o encoberto.

Mas esas intuicións deven ser realizadas nas nosas vidas. E aí é onde vexo eu o problema. ¿Qué deven facer as persoas nacidas co fado do puer? ¿identificarse con él sen separar a súa vida humana da vida do deus que morre e resucita en él? Iso facían os primeiros cristiáns que morrían mártires sufrindo a mesma morte do deus. E se me apurades, o proprio Xesús de Nazaret, o home, que asumiu o destiño do deus.

A renascenza, para que non sexa flor de un día, como a vida do puer aeternus, necesita algo máis que a intuición volátil. Esa é a tarefa individual e cultural que apremia para ser feita desde as nosas raices.

Cando experimentamos a negra sombra é a mater dolorosa en nós, quer dicer, a materia, o noso corpo falto de amor. Mas se a redenzón ven do puer, que é flor dun día, ¿non se xustifica o pesimismo de Rosalía de Castro?

Desde ese problema teremos que partir. E a miña intuición me dí que a chave é a saudade. Mellor ainda, un xeito de lidar coa saudade que sexa redentora.

2 comentários:

Anita Silva disse...

:) "Gracias".

"¿Qué deven facer as persoas nacidas co fado do puer? ¿identificarse con él sen separar a súa vida humana da vida do deus que morre e resucita en él? Iso facían os primeiros cristiáns que morrían mártires sufrindo a mesma morte do deus."

Cada um tem o seu fado próprio, cada um é divino por si, não precisa de imitar ninguém - humano ou divino. O martírio é a própria vida... e a inerente morte - e as constantes perdas, e conseguir manter uma atitude de amor e perdão.

"A renascenza, para que non sexa flor de un día, como a vida do puer aeternus, necesita algo máis que a intuición volátil. Esa é a tarefa individual e cultural que apremia para ser feita desde as nosas raices."

Sim... há que ver que a cultura é a organização ou a racionalização dessa intuição... ou a base é sempre a mesma... o caótico e inconsistente instinto... sentimento... Sendo certamente a cultura que nos distingue dos outros animais, e que tanto nos faz sofrer, mas que tem ainda a salvar, ao revelar o que nos falta ver para enfim o ser humano seja o que é.

A vivência da saudade como redenção, sim acho que é por aí também...

Abraço!

P.S.: D. Sebastião para Portugal representaria Adónis e Cristo.

Anita Silva disse...

"Iso facían os primeiros cristiáns que morrían mártires sufrindo a mesma morte do deus."

Só mais um pontinho: a diferença agora é que o homem pode perceber que deus vive em si - que o é. Quando se permite abrir inteiramente à vida...